![Imagem](/uploads/1/9/6/2/19629509/otero-espasandin-por-atilio-rossi-1942_1_orig.jpg)
Retrato descoñecido de Otero Espasandín recuperado polo investigador e documentalista Xosé Enrique Acuña. Fíxose no ano 1942 en Bós Aires, polo famoso pintor italiano Attilio Rossi (http://www.treccani.it/enciclopedia/attilio-rossi_(Dizionario-Biografico)/), amigo, entre outros de Borges, Neruda ou Diego Rivera. Foi publicado pola Editorial Nova (fundada por Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado) un ano despois, en 1943.